A firma Guindastres Orbutráns traslada as súas instalacións ao Polígono de Rianxo

09 Novembro 2021

A xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, asinou este 9 de novembro a venda dunha nova parcela no Polígono Empresarial de Rianxo (A Coruña) coa compañía Guindastres Orbutrans, que se dedica ao transporte de mercadorías por estrada e ao servizo de guindastre. Sestayo, facendo balance, explicou que no que vai de 2021 xa foron adxudicados máis de 18.000 metros cadrados en Rianxo, case un 10% da superficie neta dispoñíbel.

Sinatura do acordo entre a empresa e xerente de SEA Beatriz Sestayo

A empresa Guindastres Orbutráns trasladará a súa actividade a Rianxo (A Coruña) trala adquisición desta parcela, a número 33, cunha superficie total de 3.729 metros cadrados. A compañía, que conta con 13 traballadores, atópase na actualidade situada na zona de Taragoña, no mesmo termo de Rianxo.

Trala sinatura, Beatriz Sestayo puxo en valor a importancia das xestións realizadas nestes dous últimos anos desde SEA para “conseguir non só atraer novos investimentos a Rianxo senón tamén para consolidar emprego e empresas na localidade, achegando solo industrial con seguridade xurídica, urbanizado con todos os servizos necesarios e óptimas condicións para o medre empresarial”. Segundo fixo saber, “é unha zona que consideramos estratéxica para o investimento e que ofrece múltiples posibilidades empresariais”. Tamén explicou que o polígono rianxeiro superou xa o 70% de ocupación e converterase, a curto prazo, nun importante polo de emprego na comarca.

“Só neste 2021 xa foron adxudicados 18.580 metros cadrados de superficie, o que supón preto do 10% da superficie neta total”, dixo, engadindo que “en cifras destaca a venda de dúas parcelas de 11.548 metros cadrados á firma Conservas Cerqueira, referente no sector das conservas en Galicia, que redobrou desta forma a súa aposta por Rianxo, posto que o pasado ano 2020 xa adquiriu 24.896 metros cadrados, por un importe de 1.568.448 euros máis IVE”.

Vista aérea do Polígono de Rianxo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.