“A frota pesqueira comunitaria reducíuse un 48% desde os 90”. Antón Luaces

03 Novembro 2021

O gravame ao gasóleo suporía un “efecto desequilibrante grave”, segundo formulacións do sector pesqueiro, cuxa actividade veríase seriamente comprometida de se aprobar a proposta de directiva europea para reestruturar, no marco do Pacto Verde europeo, os impostos sobre produtos da enerxía.

A medio prazo poría en risco, amáis, a soberanía alimentaria de España  e mesmo de Europa, fronte aos intereses doutras zonas xeográficas, por exemplo a asiática que na actualidade “está inmersa nunha guerra aberta e desleal para acaparar coas súas frotas, en moitos casos ilegais, os recursos mariños”. 

Así o  manifestou na II Jornada sobre Ecocombustibles, organizada pola Asociación Española de Operadores de Productos Petrolíferos (ASOP) o presidente da Confederación Española de Pesca (Cepesca) Juan Manuel Liria, participante nesa xornada.

A proposta de directiva prevé establecer un imposto ao gasóleo de tres europs por cada cen litros de combustible qa partir de 2023, o que, segundo o sector, impactaría na viabilidade das empresas pesqueiras so supoñer o combustible un promedio do 40% nos custos da súa actividade, “xa de por sí cuns marxes realmente axustados”,. segundo recolle a axencia Europa Press.

O sector puntualiza que este impacto, amáis de aos buques de altura afectaría tamén á baixura, maioritariamente empresas familiares e “verdadeiras espiñas dorsais da cohesión económica e social de moitas zonas costeiras”.

A maiores, segundo o sector, os obxectivos que emprega Euroña para aplicar este imposto xa foron prácticamente acadados pola frota pesqueira europea, e aínda máis pola española.

Con esta medida, Europa tenta reducir o 55% dos niveis de emisión dos gases de efecto invernadoiro da frota comunitaria no ano 2030 con respecto aos da décadqa dos noventa e incentivar a aplicación de melloras na eficiencia enerxética como enerxías alternativas (hidróxeno, gas, electricidade e hibridación).

Sen embargo, para o sector a Co,isión Europea debe ser consciente da redución do 48% da frota pesqueira comunitaria desde os anos 90 (fronte a outros países terceiros que están ampliando as súas frotas exponencialmente) e que as emisións do sector xa se reduciron nun 18% durante os últimos dez anos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...