A peza teatral Invisibles chega ao Elma o 31 de outubro

26 Outubro 2021

O teatro cine Elma albergará neste domingo 31 a segunda das actividades programadas para este mes de outubro que chegan mediante a Rede da Dinamización Lingüística da Xunta (RDL), á cal pertence o Concello da Pobra do Caramiñal a través da Concellaría da Normalización Lingüística, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG).

A compañía Redrum Teatro representará a función teatral Invisibles, ás 19.00 horas. Trátase dunha adaptación do libro homónimo da xornalista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. O elenco está composto polas actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez, baixo a dirección de Marián Bañobre. Conta con varias distincións e galardóns, como o premio Luísa Villalta a proxectos de Igualdade da Deputación da Coruña ou os María Casares á Mellor Dirección, á Mellor Adaptación e á Mellor Iluminación.

A dita actividade é de balde e enmárcase no programa FalaRedes 2021, da Secretaría Xeral da Política Lingüística. As reservas débense formalizar no 685571058, indicando o nome, os apelidos e o teléfono de contacto. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...