Os maiores da Aula de Lousame da UNED Sénior inician o curso cun concerto na praza Teodomiro Hidalgo

20 Outubro 2021

As persoas maiores participantes da Aula de Lousame da UNED Sénior ofreceron no mediodía deste 20 de outubro un concerto na praza Teodomiro Hidalgo (Portobravo) para celebrar o inicio do curso 2021-2022. Foi unha iniciativa na que estiveron acompañados por alumnos e alumnas da UNED Sénior de Guitiriz, Momán, Paderne e Monfero, cos que logo compartiron un xantar de confraternidade en Cabanetán.

O concerto estivo dirixido por Fernando do Campo e Fran Cupeiro, profesores das Aulas de Lousame e Guitiriz, respectivamente. A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, puxo en valor non só o nivel musical acadado polo alumnado senón na importancia de manter os lazos de amizade coa veciñanza e con agrupacións doutros municipios, que se viron resentidas durante a pandemia.

Neste sentido, destacou a importancia que ten a UNED Sénior en Lousame, pois “levan seis anos traballando para ofrecer aos nosos maiores unha formación coa que mellorar a súa calidade de vida, pois estou convencida de que una persoa aprende dende que nace e que dá igual a idade que un teña”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.