O luns iniciarase na ría de Arousa o libre marisqueo, unha campaña que se prevé mala

16 Outubro 2021

As confrarías da ría de Arousa iniciarán o luns unha campaña marisqueira que todo apunta a que sexa, mala.

Os controis realizados durante o verán en Os Lombos, Bohído e Cabío puxeron de manifesto unha pésima situación do molusco en canto a cantidade, motivo polo cal decidiu pospoñerse ata mediados de mes a apertura.

Os profesionais traballarán só catro días á semana e cuns topes baixos. A peor situación preséntase en O Bohído, onde se estableceron só tres quilos de ameixa babosa, medio de fina, un de japónica, loura e carneiro, e cinco de reló. As cotas en Cabío son mais altas e asi chegarase ata os 15 quilos de ameixa vermella, tres de babosa, un de japónica e de carneiro, cinco de reló e medio de fina.

En canto a Os Lombos fixáronse un total de cinco quilos de berberecho, catro de ameixa japónica, un de babosa e medio de fina.

A pesar destes topes todo apùnta a que vai ser moi dificil chegar a esas cantidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.