A Deputación louva o espírito emprendedor da súa rede de coworking, que xa ten nove centros (tamén en Boiro)

14 Outubro 2021

A Deputación da Coruña organizou este 14 de outubro unha xornada dirixida a lucir a afouteza innovadora do colectivo emprendedor e innovador da provincia: a Startup Europe Week, evento impulsado pola Comisión Europea para fortalecer a actividade produtiva a nivel local. Na clausura participou o presidente da entidade Valentín González, que destacou o empuxe das nosas startups para xerar non só coñecemento avanzado, sustentabilidade e propostas beneficiosas para a sociedade, senón tamén postos de traballo. No peche da cita tamén participou o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo.

Programa PEL e Rede de Coworking

O presidente da Deputación tamén valorou moi positivamente iniciativas impulsadas pola entidade provincial, como o Plan de Emprego Local (que “axudou a pór en marcha o talento da provincia”, apoiando economicamente a máis de 2.000 proxectos de emprendedores), ou a Rede de Espazos de Coworking da Deputación (que “favorecen o emprendemento e ofrecen novas oportunidades laborais á xuventude, co obxectivo de que poidan facer a súa vida na súa terra e evitar que o talento galego teña que emigrar”).

Representantes sobranceiros do tecido innovador

O encontro celebrado no Pazo de Arenaza de Oleiros (un dos espazos de traballo cooperativo da Deputación) contou coa presenza do doutor Antonio Hyder, investigador da Universidade de Standford e director de investigación en Hackers & Founders en Palo Alto (Estados Unidos). Tamén participaron emprendedoras e promotoras de iniciativas empresariais innovadoras e tecnolóxicas como son STGO (Santiago González), OpositaTest (Jonathan García), AllGenetics (Alejandra Perina) e DromoSport (Olga Pariente).

Apoio ao talento galego

Segundo fixo saber o presidente provincial, a Rede de Espazos de Coworking é unha iniciativa pioneira en Galicia coa que se pretende impulsar o emprego nos ámbitos rurais da provincia, así como favorecer e ofrecer oportunidades ás mozas e mozos no mundo laboral, “para que poidan facer a súa vida aquí, sen verse na obriga de emigrar”, indicou González Formoso, incidindo en que desde o ente provincial se busca “dar apoio ao talento galego”.

O presidente provincial sinalou que desde a Deputación “centraremos os nosos esforzos na promoción do rural, do emprendemento da mocidade para que non se vexa na obriga de emigrar, apostando pola produción tradicional, artesanal e ecolóxica como exemplo de economía circular e do traballo colaborativo, para así xerar emprego de calidade e promover o desenvolvemento socioeconómico da provincia; que é unha prioridade transversal para a Deputación”.

Espazos de traballo que forman parte da rede na actualidade:

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.