Medio Ambiente pon en consulta pública o regulamento de acceso de grupos de visitantes ás Illas Atlánticas

13 Outubro 2021

A Consellería de Medio Ambiente informou de que está a traballar na elaboración dunha orde para regular o acceso de grupos organizados ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, no que, como lembraremos, está incluída a illa ribeirense de Sálvora e o seu arquipélago (Vionta, Noro, Herbosa, Sagres). O obxectivo da norma (que até o 11 de novembro someterase a consulta pública previa) é “clarificar, simplificar e á vez axilizar “o réxime a aplicar para este tipo de afluencias turísticas. Por certo que o marco vixente é o Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Nacional.

Sálvora e parte do seu arquipélago vista dende Aguiño

Porén, a Xunta considera que “é o momento axeitado para proceder ao seu desenvolvemento, tal e como se prevé no propio PRUX, a través dunha disposición regulamentaria específica sobre o procedemento a aplicar no caso das visitas de grupos organizados ás Illas Atlánticas”. A finalidade é “elaborar unha orde clara, eficaz e transparente, que facilite tanto á Administración como aos propios interesados instrumentos áxiles para acadar unha regulación óptima do procedemento de acceso destes grupos ao Parque Nacional”. En concreto, búscase posibilitar a compatibilidade entre a protección e o acceso dos visitantes a un espazo que, “dado o seu carácter insular”, realízase a través de empresas navieiras, o que motivará igualmente respectar nesta futuro regulamento a liberalización do sector do transporte marítimo imposta pola normativa comunitaria. “En definitiva”, sinálase ,“co sometemento á exposición pública da futura orde reguladora iníciase un procedemento necesaria coa fin de garantir a seguridade xurídica nesta materia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.