Mulleres en @cción concéntranse este mércores en Ribeira contra o feminicidio de Valga

17 Setembro 2019

20190917 A Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en @cción), ao abeiro da Marcha Mundial das Mulleres, quere expresar a súa absoluta repulsa polo triplo feminicidio cometido onte en Valga e a súa total solidariedade coas vítimas do crime e, por extensión, con todas as mulleres que sofren a día de hoxe a violencia machista en todas as súas manifestacións. A cita será este mércores 18 de setembro, ás 20 horas na praza do Concello de Ribeira. Podemos ver toda a actividade previa á mobilización nas redes sociais, baixo o cancelo #AlertaFeminista, nos espazos de comunicación que a asociación ten no Facebook e máis no Instagram.

O colectivo, a raíz do triplo asasinato de Valga (no que, como lembraremos, un veciño de Ames asasinou á súa ex-muller, á súa ex-sogra e á súa ex-cuñada, na presenza dos seus fillos pequenos, cando aquelas se dispuñan a levalos ao colexio), está a acompañar a actividade de repulsa co seguinte berro colectivo de protesta: “Canta crueldade temos que aturar as mulleres?”

A concentración de Ribeira será unha das moitas mobilizacións que están previstas para mañá na nosa xeografía: este martes 17 pola mañá xa estaban convocadas máis de trinta noutros tantos concellos das catro provincias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.