Este venres, OQO mergulla á rapazada de Noia nos mundos da cociña e a narración oral

06 Outubro 2021

Este venres 8 de outubro temos unha cita coa narración oral na Biblioteca Pública de Noia. Será da man da editora galega OQO, que representa o conto Coas mans na masa, a través do cal a rapazada terá oportunidade de coñecer de primeira man os mundos da cociña, a plástica e a narración oral, tendo como escusa o proceso de elaboración do pan.

Baseado no álbum María, o espectáculo mostrará todos os segredos para preparar un bo pan e, tamén, da man da súa protagonista, de romper cos estereotipos que a nivel de tarefas e responsabilidades da casa existen.

➡ A actividade realizarase o venres 8 de outubro, ás 18:00 horas na Biblioteca Pública do Concello.

➡ Está indicada para nen@s de 9 a 12 anos. A duración aproximada é de 90 minutos e os cativ@s participarán sen os adultos.

➡ Prazas limitadas: Anotacións no 981-82-41-69.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.