O portal RibeiraStore, recoñecido no concurso COMITEC de ideas TIC para o pequeno comercio

04 Outubro 2021

A plataforma web RibeiraStore, creada polo Concello de Ribeira para dinamizar o sector comercial do municipio no contexto de pandemia, poñendo á súa disposición un instrumento de dixitalización e ampliando mercados, vén de ser obxecto dun importante recoñecemento. Máis polo miúdo, recibiu este luns 4 de outubro unha mención especial no terceiro Concurso de Ideas Tecnolóxicas para o Comercio Minorista, COMITEC.

Ao acto, que tivo lugar en Madrid, asistiu a concelleira Ana Barreiro, quen liderou a creación e o desenvolvemento da plataforma. Foi tamén a encargada de recoller o galardón entregado pola Secretaria de Estado de Comercio, Xiana Margarida Méndez Bértolo.

Os premios COMITEC buscan incrementar a competitividade do pequeno comercio abordando o reto do cambio tecnolóxico. Trátase dunha iniciativa creada conxuntamente pola a Secretaría de Estado de Comercio (SEC) do Ministerio de Industria e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

A plataforma Ribeirastore, que integra ós 700 comercios do concello de Ribeira, nace en xullo do 2020 no marco do Plan Reactiva Ribeira. Ten como principal obxectivo mellorar a visibilidade en buscadores e redes dos negocios locais e aumentar as vendas de produtos e servizos do termo municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...