Remata en Rianxo o Obradoiro Carnero Valenzuela II coa presentación dos traballos web realizados polos participantes

29 Setembro 2021

En Rianxo vén de chegar ao seu remate a actividade do Obradoiro de Garantía Xuvenil Carnero Valenzuela II, unha iniciativa de formación e de inserción laboral promovida polo Concello e co-financiada pola Xunta e o Fondo Social Europeo, que se centrou estes meses en achegar recursos á mocidade local sobre desenvolvemento e publicación de páxinas web.

A clausura do obradoiro, un taller de emprego para menores de 30 anos que combinou coñecementos teóricos con accións prácticas adaptadas ás demandas das empresas, acompañouse da presentación dos destacados traballos de deseño web realizados polas persoas participantes.

Na clausura participaron a secretaria territorial da Coruña da Xunta, Patricia Rodríguez, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Tamén participou o alumnado que traballou no obradoiro ao longo de doce meses de actividade no programa mixto de emprego e formación, facendo entrega dos proxectos realizados, entre os que se atopaba o desenvolvemento do Portal de Entidades de Rianxo, un escaparate colaborativo do tecido asociativo do municipio.

Ademais deron forma cos seus coñecementos a outros proxectos tecnolóxicos de interese para a promoción de Rianxo:

–Roteiro Castelao

–Ruta do Apego

–Faustino Rey Romero

–Museo do Mar de Rianxo​​​​​

–Casa Museo de Manuel Antonio

–Feito en Rianxo

O Concello habilitou un tríptico informativo en PDF con todos os datos do obradoiro e a súa actividade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.