A ribeirense Ana Peleteiro, na listaxe para o Mundial de Doha

16 Setembro 2019
Ana Peleteiro, en Belgrado, nunha imaxe publicada na Galipedia

20190916 Xa é oficial dende a semana pasada. A deportista ribeirense Ana Peleteiro está na listaxe de integrantes do equipo español de atletismo que competirán no Mundial de Doha, que se celebra entre o 27 de setembro e o 6 de outubro. Peleteiro, campioa en triplo salto, é unha das grandes favoritas do mundo para facerse coa medalla de outro. A listaxe foi publicada o xoves pasado, 12 de setembro, logo dos últimos detalles pechados polo director deportivo, Antonio Sánchez, e máis o seleccionador nacional, José Peiró.

O equipo está formado por 40 deportistas, 28 homes e 12 mulleres, sendo a plusmarquista Ana Peleteiro unha das principais figuras do grupo, xunto con Orlando Ortega, Marta Pérez, Fernando Carro ou Javier Cienfuegos, entre outras e outros.

Ana Peleteiro viaxará á Doha nas mellores condicións físicas e nun óptimo intre da súa carreira deportiva, tal e como quedou patente este mes de setembro cando acadou no Campionato de España de Atletismo (celebrado en Alicante) o cuarto título de campioa de España en triplo salto ao aire libre. A ribeirense triunfou nos dous primeiros chimpos, os cales superaron a barreira dos 14 metros, sendo o segundo de 14.20 o que lle outorgou o título.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.