Primeira xornada de marisqueo na ría de Muros-Noia con bos resultados

28 Setembro 2021

Unha semana mais tarde do previsto pola toxina máis de 1.500 mariscadores iniciaron na ría de Muros-Noia unha nova campaña marisqueira. Os bos resultados da primeira xornada fan que por parte da confradía se podan repetir os resultados do ano pasado no que se facturaron 12 millóns de euros. Sempre supeditados ós fenómenos naturais.

Se ben a cantidade de berberecho permite facer unha colleita rápida do cupo asinado a ameixa escasea. O berberecho, e de boa calidade.

A campaña iniciouse trala decisión do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño en Galicia ( Intecmar) de levantar o peche cautelar na ría de Muros- Noia, despois de analizar as mostras tomadas onte e que publicou á primeira hora da mañá, polo que os mariscadores regresarán hoxe ao mar.

As análises dos últimos días mostraron un lixeiro descenso na presenza de marea vermella na maior parte das concesións, excepto no banco da Misela, onde aínda seguía próxima ao límite legal. Os topes de berberecho márcanse en 15 quilos para os produtores de á boia e 10 para os do montón. A ameixa fina, babosa e xapónica teñen fixados cotas de tres quilos para as tres variedade.

Outros artigos

A Mostra de Curtas de Noia acolleu a estrea de El crimen de Pazos

O Coliseo Noela de Noia, no marco da edición 2026 (a XXVII) da Mostra de Curtas, acolleu este sábado 7 de novembro (ás 20.30 horas) a estrea de El crimen de Pazos, a nova miniserie de Bambú Producciones, que chegará á plataforma de contidos streaming Netflix esta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.