Boiro propón no pleno unha modificación de crédito para rematar as obras do Club de Remo de Cabo de Cruz

28 Setembro 2021

O Concello de Boiro debaterá na sesión plenaria do vindeiro xoves 30 de setembro a proposta para aprobar un expediente de modificación de créditos por importe de 335.559,58 euros para financiar as actuacións pendentes e
rematar as obras da nova sede do Club de Remo de Cabo de Cruz.
Logo de levar a cabo varias modificacións no proxecto do inmoble, para adaptar a instalación ás necesidades dos remeiros e tamén completar as actuacións que non se contemplaban no proxecto inicial. Con este importe pendente, sufráganse os gastos necesarios para rematar as obras logo das modificacións puntuais que tiveron que realizarse no proxecto inicial.
Entre os cambios que se tiveron que levar a cabo no proxecto inicial está o redeseño do foso, para axustar as bancadas ás condicións reais da traíña; o redeseño dos espazos interiores; así como as modificacións propostas dende o propio Club e acordadas co Concello. Está pendente agora, con esta modificación de crédito, rematar a instalación eléctrica e os acabados finais como son as baldosas ou o pavimento técnico do ximnasio, así como a urbanización externa do inmoble.
O Concello de Boiro, o Club de Remo de Cabo de Cruz e a empresa adxudicataria traballan en conxunto para que o resultado final da obra se adapte ás necesidades dos remeiros. Con esta modificación de crédito, que se debate no vindeiro pleno, as obras da nova instalación do Club de Remo de Cabo de Cruz terían o financiamento necesario para poder reanudar a obra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.