Rematou o obradoiro emprego compartido entre Noia, Outes e Lousame

28 Setembro 2021

O venres 24 de setembro celebrouse a clausura do obradoiro de emprego dual Outes-Noia-Lousame 2020, no que participaron un total de 20 alumnos dos devanditos tres concellos, que recibiron formación certificada sobre repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

No acto de remate das actividades interviñeron a concelleira de Emprego do Concello de Noia, Beatriz Rosende, o alcalde de Outes, Manuel González, o tenente de alcalde de Lousame, Ramón Martínez e o xefe de Servizo de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Javier Campa García, quen deron por concluído o curso e fixeron entrega dos certificados a todo o alumnado.

Tamén agradeceron á dirección e ao profesorado, técnicos e persoal municipal implicado neste obradoiro, o seu grande labor e desexáronlle moita sorte ás e aos participantes de cara a súa incorporación ao mundo laboral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...