En A Pobra espectacular accidente na zona de O Camiño Ancho

25 Setembro 2021

Espectacular accidente na zona de Camiño Ancho da Pobra, na estrada que conecta a vía de acceso ao polígono co cemiterio de O Caramiñal.

20210924 Accidente en A Pobra Camiño Ancho. video jCrialdo Rial. Accidentes y noticias

O suceso tivo lugar sobre as dez da noite deste venres cando o vehículo, un Mercedes CLA vermello, dirixíase en dirección ao centro urbano pobrense por un tramo en costa. Todo apunta a que o exceso de velocidade fixo que o piloto perdera o control do turismo, o que fixo que colisionara contra dous coches que estaban estacionados, e a continuación cun poste de formigón da luz que deixou a piques de caer.
Debido a que o turismo seguiu dando tumbos e chegou a impactar e tirar con outro poste que cae á vía e logo continuou outros 200 metros ata parar finalmente. O condutor puido saír polo seu propio pé do vehículo, pero foi trasladado en ambulancia ata o hospital do Barbanza para que avaliasen o seu estado.

Debido á aparatosidade do accidente toda a estrada quedou sementada de anacos do vehículo, tal co o amosa o video. O coche chegou incluso a perder unha roda de raíz e saltáronlle os airbags. Bombeiros de Ribeira e membros de Protección Civil da Pobra encargáronse de retirar todas as pezas e limpar a vía, unhas tarefas que obrigaron a cortar a estrada ata preto das tres da madrugada. No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico e do destacamento de Boiro e da Policía Local da Pobra.

20210924 Accidente en A Pobra Camiño Ancho. video jCrialdo Rial. Accidentes y noticias

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...