Unha gala con motivo dos 25 anos de AGADEA

16 Setembro 2019
Grupo Son Trío, o cal actuará na gala

20190916. Coincidindo co Día Mundial do Alzhéimer, a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (AGADEA), celebra o seu 25 aniversario cunha gala, o sábado, 21 de setembro, no Hotel San Francisco de Santiago de Compostela. Este será o punto de encontro para usuarios, familias e traballadores das distintas zonas onde a entidade presta servizo, entre as que se atopa Santiago, Ribeira, A Estrada, Vedra, Teo e proximamente Boiro. Cómpre lembrar que en Ribeira abriu o primeiro Centro de Día en xullo de 2010 con 30 prazas e posteriormente creou o Servizo de Estimulación Terapéutica.

Isabel Gey, presidenta de AGADEA

Para esta xuntanza, que contará coa presenza da conselleira de Política Social, Fabiola García, e representantes políticos da zona do Barbanza coma a tenente alcalde de Ribeira, María Sampedro; a concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz; a edil de Servizos sociais de Boiro, Marisa Collazo; e a súa homóloga de Educación, María Outeiral.

Na gala estrearase un corto protagonizado, en parte, por familiares e persoas usuarias dos centros de Ribeira. Tamén haberá actuacións musicais e recoñecementos a voluntarios, entre outros.

Noelia Riaño, directora do Centro de Día de Ribeira

O prezo de cada invitación á gala é de 10 euros, podéndose adquirir nos centros de AGADEA de Ribeira. Ademais, disporase dun autobús gratuíto que partirá da cidade ribeirense. A recadación obtida irá destinada ao mantemento dos proxectos que a entidade ten activos, co obxectivo de poder servir de axuda as persoas con alzhéimer e as súas familias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.