O tríptico teatral Soga e Cinsa de Aporía Escénica, en Rianxo o venres 1 de outubro

23 Setembro 2021

O vindeiro venres 1 de outubro, ás 21.00 horas, vaise celebrar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación do tríptico teatral Soga e Cinsa a cargo da compañía Aporía Escénica. O espectáculo, recomendado para público maior de 13 anos, será de balde e terá unha duración de 101 minutos. Cómpre reservar localidades na sección de reservas da web municipal (antes das 14.00 horas do 29 de setembro).

Soga e Cinsa, tríptico renacentista para 11 bruxas, aborda un dos feitos máis dramáticos da historia de Europa nos séculos XV, XVI e XVII: a caza de bruxas. O obxectivo, en palabras da compañía, “é visualizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista”. Deste xeito, mostrarásenos “unha peregrinaxe de sombras que procuran as luces da xustiza e do recoñecemento de máis de 60.000 vítimas condenadas á fogueira e a forca por crimes que non cometeron, o 85% delas mulleres”.

Autora: Diana Mera

Dirección: Diana Mera

Escenografía Montse Piñeiro

Deseño son: Francisco Gallardo

Deseño iluminación: Montse Piñeiro e Del Ruíz

Vestiario: Montse Piñeiro

Música: Francisco Gallardo

Coreografía: Aporía Escénica

Elenco artístico: Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Diana Mera, Raquel Oitavén, Marta Pérez, Merche Pérez, Rosa Puga Davila, María Roja, María Ángeles Iglesias, Nuria Sotelo, María Tasende.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.