Turismo de Rianxo convídanos a coñecer os tesouros da vila nun novo roteiro guiado

22 Setembro 2021

O Concello de Rianxo organiza un novo roteiro guiado por diversos lugares de interese da vila. A iniciativa vén da man da Área de Turismo municipal, e diríxese a mostrar in situ os importantes tesouros cos que conta o termo municipal, no caso concreto deste percorrido poñendo o foco nos tesouros urbanos do centro histórico rianxeiro e a súa contorna.

Haberá, por mor da COVID, prazas limitadas. A ruta realizarase o sábado 9 de outubro ás 11.00 horas, con saída dende a praza de Rafael Dieste. A inscrición é obrigatoria e deberá facerse nos puntos de información turística de Rianxo ou no teléfono 604 023 753. O prazo límite para as inscricións será de dous días antes da ruta. O número máximo de participantes será de 20. A ruta durará aproximadamente unha e hora media.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.