Os socialistas de Ribeira piden arranxar o enlousado do porto de Aguiño e da praza do Concello

22 Setembro 2021

Os socialistas de Ribeira presentaron un rogo no Concello relativo ao estado no que se atopa o pavimento enlousado no porto de Aguiño, onde hai empedrados levantados que poñen en perigo a circulación dos viandantes, e tamén a do tráfico. Esta situación, sinalan, repítese na praza do Concello de Ribeira, onde tamén hai lousas desencaixadas e perdendo adherencia co morteiro de cemento, o que “ocasiona evidentes problemas tanto na circulación de automóbiles como na peonil, ao quedar levantadas sobre o nivel da rasante”, explican.

Tamén engaden que o problema de Aguiño céntrase no porto, á altura do monumento aos mariñeiros. “Alí hai lousas levantadas que están a causar tropezóns e molestias na circulación rodada, con importantes desgustos de diversa índole”, explica a agrupación, que pide que “por parte de quen corresponda se dea orde para efectuar a reparación de ditas baldosas da beirarrúa, co fin de solucionar os problemas de circulación, e lesións persoais que están causando”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.