O escritor noiés Manel Monteagudo presenta este venres, na súa vila, o seu novo libro

20 Setembro 2021

A Asociación Cultural Barbantia, o selo literario Medulia Editorial e a Sociedade Liceo de Noia organizan este vindeiro venres a presentación do libro De mariño a poeta de Manel Monteagudo (Noia, 1957). Será o 24 de setembro ás 20.30 horas na Sociedade Liceo de Noia (rúa Alameda, s/n) Intervirán no acto, amais do autor, Xerardo Agrafoxo (historiador e escritor), María Xesús Blanco (profesora e escritora), Antón Riveiro Coello (escritor) e Óscar Prego (presidente da Sociedade Liceo de Noia). A entrada será libre até completar cabida. Será obrigatorio o uso de máscara.

Manel Monteagudo, á esquerda, nunha imaxe publicada por Movida.gal

De mariño a poeta é o terceiro libro do mariño e escritor noiés Manel Monteagudo, que obtivo un importante recoñecemento con Camiño á lagoa dos bardos, un libro de marcada vertente social no que, a longo de preto de cincocentas páxinas, o autor púxose en pé de loita contra algúns dos principais abusos de poder que se perpetran na actualidade en calquera das súas moitas manifestacións. Neste seu novo libro Monteagudo aposta polo formato de prosa poética para falar “fundamentalmente do mar”, tal e como puxo de manifesto na presentación previa de De mariño a poeta celebrada en Vigo, na compaña dos escritores Antonio García Teixeiro e Inma López Silva, e por Francisco Castro, director de Galaxia.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.