O BNG de Ribeira explicará á veciñanza de Castiñeiras as actuacións feitas sobre a depuradora de mexillón

11 Setembro 2019
Cedida por BNG de Ribeira

20190911. O BNG ribeirense celebrará unha asemblea aberta o venres 13, ás 20.30 horas, na casa da cultura da parroquia de Castiñeiras co obxectivo de trasladar cales son as actuacións feitas pola formación nacionalista en relación ao proxecto de instalación dunha depuradora de mexillón no peirao.

Desde o BNG manifestan que o seu traballo “non só se limitou a contrastar a información e os proxectos ao persoal técnico do Concello durante os últimos meses, senón que tamén se levou o caso ao Parlamento galego, a través da deputada Montse Prado.” Deste xeito, a xuntanza contará coa presenza do grupo municipal e da citada deputada.

O voceiro dos nacionalistas de Ribeira, Xosé Vázquez Cobas, expresa que “non se trata de evitar que se asenten empresas que xeren riqueza no municipio, quen diga iso do Bloque mente, senón de procurar que se instalen en localizacións axeitadas para que provoquen a mínima afección ambiental e social.”

Vázquez Cobas indica que “no Bloque levamos moitos anos facendo iniciativas para a creación de postos de traballo como é promover a creación de chan industrial, apoio ao comercio local, atraer persoal cualificado, etcétera, mais non podemos caer no erro de crealo a calquera prezo, ignorando a lexislación ou estragando o noso medio natural como permitiu o Partido Popular.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.