Entregado o premio Senda dos Faros á curta Sálvora do IES A Cachada

02 Setembro 2021

No marco da programación do Festival de Cans proxectáronse as pezas gañadoras do Concurso de Curtas Senda dos Faros, convocado pola Consellería de Cultura e Educación (Secretaría Xeral de Política Lingüística). O secretario xeral Valentín García entregou o primeiro premio, un cheque de 1000€ para material audiovisual ou literario en lingua galega, ao representante do IES Plurilingüe A Cachada (Boiro, A Coruña) pola súa curta Sálvora. Trátase dun achegamento (a través dos ollos dunha moza) a algunhas das preocupacións actuais máis presentes na xuventude: o quecemento da Terra, as implicacións (e orixes) da pandemia e os grandes agravios medioambientais da humanidade.

O segundo e o terceiro premio, de 600 e 400 € respectivamente, foron entregados polo delegado en Galicia de Energías de Portugal Renováveis (EDPR), Juan Rey Couselo, e polo director do festival, Alfonso Pato, para os IES Monte Neme (Carballo, A Coruña), polo seu traballo De naufraxios, faros e lendas: do Cemiterio dos Ingleses a Camariñas e para o Conservatorio de Música Xan Viaño (Ferrol), pola curta A melodía do faro.

Este certame é unhas das iniciativas programadas para promover a Senda do Litoral Galego, un itinerario de interese paisaxístico contemplado nos instrumentos de ordenación do territorio de Galicia, e fomentar o usa da lingua oral entre a mocidade través do emprego das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación).

O secretario xeral destacou que “malia as dificultades impostas pola pandemia, chegaron a participar 18 centros educativos con 24 vídeos en lingua galega de gran calidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.