O mariñeiro Pablo Costas chega este xoves ao Cairo tras 11 meses retido en Iemen

01 Setembro 2021


O mariñeiro Pablo Costas, que leva retido en Iemen desde setembro de 2020 baixo un cargo de suposta pesca ilegal, deixará ese país este xoves, nun voo dirección ao Cairo, segundo confirman fontes do sindicato CUT.
Costas tomará un voo no aeroporto iemení de Seiyun ás 10,30 horas (hora local) en dirección á capital exipcia. Alí, a embaixada española reservoulle unha habitación nun hotel e, de momento, aínda non se sabe cando poderá voar desde O Cairo a España.

Este mariñeiro de Bueu patrón do buque ‘Cobija”, foi detido en setembro do ano pasado, cando se atopaba en porto da o Mukallah, en Iemen, xunto ao resto da súa tripulación (máis dunha trintena de persoas de diferentes nacionalidades), a pedimento das autoridades australianas, baixo unha acusación de suposta pesca ilegal.

Posteriormente, foi condenado a tres meses de arresto e, tras cumprilos, o fiscal presentou un recurso para paralizar a súa repatriación. Ao longo dos últimos meses, a CUT e a súa familia denunciaron a situación na que Pablo e os seus compañeiros estaban “secuestrados” no barco, chegando nas últimas semanas a estar sen comida, nin atención sanitaria, a pesar das condicións “insalubres” que tiñan.

O Ministerio de Asuntos Exteriores confirmou a súa liberación o pasado domingo, tras as xestións realizadas.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...