Os pequenos barbanzáns afrontan un novo curso

11 Setembro 2019

20190911. Despois de varios meses de descanso desfrutando da época estival, os cativos volven ás aulas, concretamente o alumnado de infantil e primaria. Algúns máis contentos ca outros, pero todos cos mesmos nervios e ganas de reencontrarse cos seus compañeiros. Agora toca superar o curso escolar 2019-2020 coa mochila cargada de enerxía, ilusión e novo material.

Por outra banda, setembro supón un desembolso de varios centos de euros para as familias, pois é preciso comprar libros, cadernos, roupa e calzado, entre outros. A cantidade varía dependendo de se a crianza cursa os seus estudos nun centro público, privado ou concertado.

A próxima semana tócalle a quenda á Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.