Noia ponse esta finde no epicentro do mellor fútbol sala

27 Agosto 2021

Esta semana, o martes 24, a concelleira de Deportes, Laura Salgado, xunto a Severino Barreiro e Javier Barreiro, presidente e director xeral do Noia Portus Apostoli FS, e José Tirado, xerente do Palma Futsal, presentaron no Consistorio os detalles do Torneo Internacional Portus Apostoli-Umbro.


Durante esta fin de semana, a vila de Noia será o gran referente do mellor fútbol sala, en parte polo talento local e en parte tamén pola expectación que xerarán as visitas do Palma, un dos mellores equipos de España, así como de O Braga, un dos equipos punteiros en Portugal.

O venres ás 20:00h abrirán o torneo o Noia e o Palma.
O sábado ás 19:00h será a quenda do Palma e o Braga.
Para rematar, o domingo ás 20:00h pechará esta edición do torneo o encontro entre o Noia e o Braga.

Para adquirir as entradas, dende as redes sociais do Noia Portus Apostoli FS irán achegando estes días toda a información ao respecto.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.