Raquel Queizás recala este xoves en Boiro cos contos de Mariña

23 Agosto 2021

A actriz, autora e contadora Raquel Queizás estará esta semana en Boiro, o xoves 26, para ofrecer un novo feixe de recursos dos que botar man para facer voar a nosa imaxinación e a nosa creatividade. Trátase do espectáculo Mariña, contos nacidos no mar, especialmente concibido para público familiar. Será no Coído, detrás do IES Praia Barraña, a partir das 12.00 horas.

Novamente o aforo será limitado. A reserva de entradas pode facerse na web municipal dende dous días antes da función.

Mariña e as súas historias

Mariña, contos nacidos no mar é un espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques e a interacción co público para coñecer a Mariña e as súas historias.

Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar.

No espectáculo de Queizás cóntasenos como a serea sae da auga para compartir todas as súas historias con nós e para traernos unha mensaxe moi urxente do océano: que o coidemos, que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida e que é a casa de moitos animais e plantas, ademais de nos servir de fonte de alimento, traballo e riqueza a nós, os seres humanos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...