A ponte Nafonso, pechada polas obras ao tráfico rodado e ao paso dos peregrinos

19 Agosto 2021

Os Concellos de Outes e Noia informaron do inicio das obras para a rehabilitación e posta en valor da ponte Nafonso, previstas para esta terceira semana de agosto. Por este motivo, dende este día 18 a construción estará pechada ao tráfico rodado até o remate dos traballos. Amais, o Camiño de Santiago desviouse nesta localidade limítrofe entre os dous concellos cara a ponte nova de Ceilán. As obras de remodelación suporán un investimento autonómico de máis de 700.000 euros.

Os traballos impulsados pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na construción, un ben catalogado patrimonialmente, consistirán na substitución do pavimento e da varanda existente, que se atopa deteriorada.

Ademais, levarase a cabo a limpeza dos paramentos exteriores co obxecto de “mellorar o seu aspecto estético, eliminando os elementos danados da fachada da fábrica de pedra para mantela en bo estado de conservación”.

O proxecto tamén abrangue dúas actuacións concretas para o alumeado da calzada e para a iluminación monumental da propia ponte, o que permitirá, en palabras da Consellería, “a súa posta en valor e unha notable mellora na seguridade viaria para vehículos e peóns”. Ademais colocaranse paneis informativos e carteis de localización.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.