Solicitan catorce anos e medio de prisión para unha ribeirense por tentativa de homicidio, lesión e atentado

09 Setembro 2019

20190909. A sección sexta da Audiencia Provincial de A Coruña, con sede en Santiago, acollerá os días 11 e 12 do presente mes o xuízo contra a ribeirense acusada de apuñalar a un home en agosto do ano pasado. A Fiscalía pide 14 anos e medio de cárcere polos delitos de tentativa de homicidio, lesións e atentado.

Segundo o escrito da Fiscalía, a muller dirixiuse armada cun coitelo a unhas mesas dun bar situado na ribeirense avenida de A Coruña, onde se atopaba un home co cal mantivera un altercado pola desaparición do seu móbil. Cando outra muller, parella do varón, tentou calmala, recibiu unha apuñalada. Pola súa parte, o home foi acoitelado en dúas ocasións na rexión torácica e “con ánimo de matar” a este, polo que precisou tratamento cirúrxico e estivo ingresado na UCI.

Así mesmo, o Ministerio Público considera que a procesada é autora dun delito contra a autoridade, pois cando chegaron axentes da Policía Nacional arremeteu e abalanzouse contra eles empuñando a arma branca, resultando necesario desenfundar as súas armas reglamentarias para reducila. Deste xeito, a Fiscalía reclama outros 3 anos e medio de prisión.

Ademais da petición de cárcere, solicítase que a acusada indemnice ás vítimas con 6.000 e 2.000 euros, así como ao Sergas polos gastos médicos ocasionados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.