Sigue activo aínda que limitado o incendio de Ribeira e O Son. A policía busca ós autores

07 Setembro 2019

20190907.- O incendio forestal permanece activo nos municipios coruñeses de Ribeira e O Son, onde xa arrasou unha superficie dunhas 150 hectáreas que afecta tamen o veciño Porto do Son. O lume iniciouse na parroquia de Oleiros sobre as 11 da noite do venres.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, achegouse este sábado á zona afectada polo incendio forestal de Ribeira-Porto do Son onde afirmou que se atoparon varios obxectos incendiarios en montes afectados por lo lume.

O incendo orixinou unha gran cantidade de fume que provocou o corte na estrada AC-550. Para a súa extinción mobilizáronse oito axentes, 13 brigadas, 12 motobombas, dúas pas e dous avións. A estes servizos tamén se incorporon efectivos da Unidade Militar de Emerxencias ( UME). Este é o maior lume rexistrado na comarca do Barbanza ata o momento, onde o xoves rexistráronse uns oito focos de chamas en distintos municipios como Noia, Lousame ou Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.