Porto do Son recibe setembro cun obradoiro para emprender en cooperativa

04 Agosto 2021

O Concello de Porto do Son quere mostrar á cidadanía diferentes alternativas de futuro para xerar riqueza e emprego a nivel local. Deste interese xorde o obradoiro Emprendendo en cooperativa, unha actividade de formación presencial de 20 horas de duración que se celebra na recta final do verán, entre o 6 e o 10 de setembro. As inscricións poden facerse a través da conta jose.pazo@portodoson.

O obradoiro vai destinado a persoas en risco de exclusión social e/ou interesadas no emprendemento en colectivo. Terán oportunidade de coñecer o modelo cooperativo e as condicións e pasos precisos para emprender seguindo este modelo, informarse as axudas dispoñíbeis e inspirarse en experiencias reais de éxito.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.