En Outes rouban a placa na memoria do combatente republicano Manuel Otero

29 Xullo 2021

A ACC Terra de Outes presentou denuncia diante da Garda Civil polo roubo da placa colocada por esta Asociación no Monumento ás Vítimas do Franquismo en O Freixo (Outes) na memoria do combatente republicano natural de Outes, Manuel Otero, en 2019, con ocasión do 75 aniversario da súa morte no Desembarco de Normandia, o 6 de xuño de 1944.
Os monumentos dedicados á Memoria Histórica, desde que existen, foron permanentemente obxecto de vandalismo, non sempre por parte de grupos de fanáticos neonazis, pero nos últimos anos producíuse un rebrote de este tipo de ataques e non é casual que coincidan co rexurdimiento da extrema dereita.
O caso do Freixo, fose ou non obra deses grupos, é sintomático do momento que vivimos de medre da intolerancia, pero esta Asociación non vai deixar de lembrar o sacrificio de tódolos que morreron ou perderon a súa libertade e volverá repoñer a placa de homenaxe, tantas veces como faga falta. Cada acto vandálico é tamén unha oportunidade para facer pedagoxía e recordar quen eran as persoas represaliadas, a súa loita pola libertade e os seus valores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.