A escritora Mercedes Barreiro presenta no Ateneo Valle-Inclán Lo que tú digas, corazón

06 Setembro 2019

20190906 O Ateneo Valle-Inclán de Ribeira vai acoller hoxe unha nova presentación editorial: unha actividade que non fai máis que confirmar o papel referente do club literario-cultural da praza de Compostela a nivel de estreas libreiras galegas e estatais. Desta vez é a quenda da escritora Mercedes Barreiro, que vai dar a coñecer a súa novela autoeditada Lo que tú digas, corazón. A cita é este venres ás 21 horas, na sede do Ateneo (Bar Plaza).

Lo que tú digas, lanzada este ano ao mercado editorial, nárranos a historia de Mónica, unha muller que rolda os 50 anos e está casada co que considera o home “ideal”, amais de ser nai de dous fillos. Porén, descobre que non pode deixar de sentir atracción polas mulleres e inicia “un paseo sen ancoraxes, cargado de medo, paixón e dor, pero sobre todo de amor”, segundo se fai saber na presentación editorial nas redes. O libro, unha novela curta (de algo máis dun centenar de páxinas), fálanos polo tanto da necesidade de sermos coherentes, sinceros e ter afouteza “para vivir co corazón”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.