“Galicia é a rexión europea de maior produción de ourizo de mar”. Antón Luaces

23 Xullo 2021

​Non está moi lonxe o tempo no que os galegos empregaban o ourizo de mar -ao igual que o patexo ou “queimacasas”, o percebe e outros produtos mariños- como abono ou complemento cálcico -xunto coas cunchas de berberecho e de mexillón- cando as leiras da súa propiedade  ou que eran “levadas” en arrendo por caseiros non propietarios das terras. Anos máis tarde, os abonos eran químicos e o xurro (purín) eliminaba practicamente das leiras o esterco que se creaba nas cortes cos escrementos do gando e galiñas que se coidaban na propiedade para abonar as leiras destinadas á produción de millo, patacas, centeo, etc.
Foi tamén o ourizo de mar un dos aportes -minoritario- empregado para “revitalizar” o moitas veces esgotado poder xerador das terras de labradío.Curiosamente, o marisco de cuncha e especialmente o berberecho e o mexillón son hoxendía produtos codiciados e ben pagados para o consumo humano tanto en fresco coma en conserva. Outro tanto pasou co percebe (consumido en fresco, simplemente cocido someramente) e, posteriormente a este, o ourizo de mar, convertido en verdadeira delicatessen tanto polo excelente sabor das súas gónadas ou ovas (masculiñas e femininas que reproducen no interior do caparazón do ourizo) como polo produto que se elabora con esas ovas transformadas nas factorías no coñecido “caviar” de ourizo mariño.Galicia é, a día de hoxe e cunha media de capturas dunhas 600 toneladas anuais e máis de cinco millóns de euros en vendas no ano 2020, a rexión de Europa que máis produce  ourizo de mar con exportacións a distintos países, especialmente a Francia, Alemaña e Bélxica. Ribeira e Aguiño (esta última, parroquia do concello ribeirense) son as poboacións con maior número de mariscadores -moitos deles traballando ao mergullo- que dispoñen de permisos de explotación -permex-. O pósito de Aguiño é un dos principais subministradores de ourizo, se ben este é extraído e vendido en toda A Costa da Morte -especialmente en Camelle e Camariñas- e, obviamente a península do Barbanza, ría de Vigo, costa de Cangas do Morrazo, etc.O equinodermo que coñecemos como ourizo de mar data de hai aproximadamente 500 millóns de anos. A súa proliferación é tal, que existen del perto dun milleiro de especies. Mais é a coñecida como “castaña de mar” -pola súa semellanza coa popular castaña dos soutos galegos- a que máis interesa ao consumidor. Cando a crianza de ourizo ten aproximadamente un mes de vida, comeza a formar a coiraza ou caparazón composto de capas e defendido por espiñas (púas ou pugas) retráctiles. O seu tamaño rolda entre os 8 e os 10 centímetros de diámetro (aínda que se poden atopar exemplares de maior tamaño).Na actualidade están a realizarse campañas de repoboación que, como a  que se leva a cabo na zona do Morrazo con 30.000 xuvenís liberados na costa de Cangas, permitirán recuperar as poboacións de aquelas zonas sobreexplotadas que o precisen.O ourizo de mar habita zonas mariñas de pouca profundidade, a cotío onde hai rochas ou zonas de area con abundancia de algas. Aliméntase de plancton, algas e pequenos moluscos, e o mergullo profesional é o sistema empregado maioritariamente na a súa captura.O mergullo fai que, obrigatoriamente, os mariscadores adicados ao ourizo de mar estean controlados nas distintas confrarías galegas, un medio que potencia o emprego. A rendibilidade económica do ourizo está garantida cando menos durante a tempada de nove meses e os prezos, que oscilan relativamente, roldan os 20 euros o quilo.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.