A Deputación da Coruña entrega os premios PEL que recoñecen as mellores empresas da provincia

08 Xullo 2021
Premios PEL da Deputación da Coruña. remiido

A Deputación da Coruña celebrou esta tarde en Oleiros o acto de entrega da IV edición dos premios PEL, uns galardóns cos que a institución provincial recoñece cada ano o talento e a innovación das empresas da provincia. “O traballo destas empresas contribúe á reactivación económica que tanto necesitamos tras a pandemia, crean
emprego e permite que A Coruña siga a ser o motor económico de Galicia”, afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
O acto repartiu un total de 75.000 euros en premios, 15.000 euros para cada gañador.
A empresa Albari S.L. recibiu o premio na categoría de mellor iniciativa empresarial nova, polo seu orixinal modelo de negocio que combina a actividade educativa e divulgativa en materia de astronomía, coa posibilidade de vivir a experiencia inmersiva en plena natureza poñendo en valor os recursos turísticos que a astronomía ofrece.
Pola súa banda, Galchimia foi galardoada na categoría de mellor iniciativa empresarial consolidada, por ser un referente internacional en química orgánica. Como novidade, nesta cuarta edición creouse unha nova categoría, a de mellor iniciativa innovadora na loita contra a COVID-19, na que resultou gañadora a startup tecnolóxica coruñesa
BionisSupplychain Technologies por crear nun tempo récord e en plena pandemia un respirador artificial de baixo custe fácilmente industrializable, o respirador Freesterra.
Asemade, na categoría destinada ao concello promotor do emprego de calidade o galardón foi para o Concello de Brión, polas medidas implantadas a favor do fomento da iniciativa empresarial e o emprendemento, como a posta en marcha da cooperativa de transformación de produtos do agro DaquíDarredor.
En canto á categoría destinada a premiar ás mellores asociacións empresariais da provincia, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA) resultou galardoado pola súa contribución á mellora no posicionamento do sector biotecnolóxico galego. Ademais, houbo un recoñecemento á xornalista de El País, Sonia Vizoso, como a mellor comunicadora en materia de Emprego, Industria e Economía. “Hoxe premiamos ás empresas, pero sobre todo premiamos o talento e o esforzo das persoas que hai detrás”, afirmou o presidente para poñer punto e final á IV
edición da entrega de premios PEL.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.