A nosa comarca contribúe cunha vintena de areais á Rede Galega de Praias sen Fume

05 Xullo 2021

Este ano fortalécese e amplíase a iniciativa autonómica e dos concellos Rede Galega de Praias sen Fume, un chamamento xeral aos fumadores para que manteñan o seu hábito lonxe dos areais, unha práctica moi prexudicial non só para a súa propia saúde e das persoas que están ao seu arredor (co agravante da COVID-19, moi presente aínda), senón tamén para o medio ambiente, xa que boa parte das cabichas (moi contaminantes e perigosas) acaban na area degradándose e enchendo o medio mariño de partículas plásticas e metais pesados.

A praia da Arnela en Porto do Son co seu identificativo

A Rede Galega de Praias sen Fume é unha iniciativa da Xunta (Consellería de Sanidade) e conta co apoio e implicación dos nosos Concellos, que se encargan de reforzar a mensaxe, nos areais con bandeiras e sinais identificativos, de cara a residentes e visitantes.

Outro dos areais libres de fume de Porto do Son

Están integrados na Rede os Concellos de Porto do Son (coas praias de Ornanda, A Gafa, Coira, O Cruceiro e A Arnela libres de fume), Boiro (Barraña, Carragueiros, Barraña-Satiño, A Retorta), Muros (O Cabo-O Castelo, A Rocha, Ventín-O Salto), Noia (Boa Grande e Boa Pequena), A Pobra (Areal), Rianxo (As Cunchas – Porrón, Tanxil, A Torre) e Ribeira (Río Azor e O Touro). En total, unha vintena dos nosos areais máis concorridos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.