Noia converte o Museo do Mar nun obradoiro de creatividade

01 Xullo 2021

Laura Salgado, concelleira de Economía, Facenda e Deportes de Noia, e máis Olga Rodríguez, da Asociación Besbello, presentaron esta semana unha iniciativa para achegar lecer e creatividade á veciñanza durante estes meses de verán.

Trátase da iniciativa Obradoiros do Mar, que, como o seu propio nome indica, porán o foco nun vencello que vén de longo: o da vila de Noia coa tradición marítima, mariñeira e marisqueira.

As actividades comezan este mes de xullo e desenvolveranse ao longo do verán até o remate de agosto. O centro de operacións será o Museo do Mar de Noia. O horario será de 10.00 a 14.00 horas, os xoves, os venres, os sábados e os domingos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.