9 concellos do Barbanza recibirán axudas da Xunta por valor de 296.000 euros para promover a conciliación , previr e tratar a violencia de xénero

30 Xuño 2021
A Coruña A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentan en rolda de prensa os datos correspondentes á resolución das axudas ás entidades locais da provincia para a promoción da Igualdade. 30/06/2021 Foto: Moncho Fuentes

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informaron do resultado da resolución das axudas a entidades locais que a Xunta de Galicia destinará este ano para fomentar e
promocionar a igualdade. Na comarca do Barbanza esta cifra ascende a a algo máis de 296.000 euros para atender as demandas de nove concellos.
Como explicou Susana López Abella o Goberno galego financia actuacións de catro programas: (1) fomento da conciliación; (2) promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; (3) apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); e (4) o programa de sensibilización, información e difusión
sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.
O primeiro dos programas conta con máis de 45.000 euros cos que se apoian iniciativas de tres entidades locais para o fomento das medidas de conciliación.
A segunda liña, con máis de 17.000 euros, céntrase na promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero en dúas entidades locais. Coa mesma a Xunta financia accións orientadas a previr a violencia de xénero e mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e das persoas delas
dependentes s e doutras mulleres en situación de vulnerabilidade. Estes apoios inclúen medidas de loita contra a explotación sexual, incluída a prostitución.
A terceira liña ten como obxectivo apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM), integrada actualmente por cinco centros que dan cobertura a seis concellos. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, destinando a este programa máis de 218.000 na comarca do Barbanza.
A cuarta liña céntrase na posta en marcha de medidas de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Na convocatoria deste ano destinaranse máis de 15.000 euros euros para tres entidades locais con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
A Xunta leva investidos nestes programas, en toda Galicia, desde o ano 2015 máis de 30 millóns de euros, o que permitiu axudar a máis de 50.000 mulleres e 17.500 familias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.