O Tapal en Noia e a punta do Castro en Castiñeiras acollerán espectáculos de danza do programa Propulsa

25 Xuño 2021

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, presentou este 25 de xuño a primeira edición do programa Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, unha nova iniciativa da Xunta que, nas súas palabras, supón unha “aclamación conxunta dun dos maiores bens culturais que ten a nosa Comunidade”. O ciclo desenvolverase do 2 de xullo ao 29 de agosto en 27 espazos singulares de toda Galicia, que acollerán outras tantas actuacións de 30 formacións artísticas.

A praza do Tapal en Noia

Participarán 23 compañías galegas xunto con sete formacións convidadas do resto de España, Francia e Portugal. A presentación levouse a cabo no miradoiro da Catedral, no Paseo dos Leóns da Alameda de Santiago de Compostela, na que o conselleiro estivo acompañado por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e Manu Lago, representante da produción do programa, así como varias das compañías e artistas participantes.

“Propulsa Danza é un marco de diálogo entre disciplinas e expresións culturais, que permitirá exhibir todo o potencial creativo e patrimonial que atesoura Galicia”, sinalou o conselleiro, ao tempo que puxo varios exemplos dos enclaves emblemáticos nos que se desenvolverá o ciclo, como o Cabo Fisterra ou o Castelo de Monterrei. O calendario de actuacións arranca o 2 de xullo no peirao de Rinlo, en Ribadeo, e finalizará o 29 de agosto no Castro de Troña, en Ponteareas.

Pola nosa comarca inclúense emprazamentos tan sobranceiros como a praza do Tapal en Noia (o 4 de xullo, con Apalepsis de Paula Quintas e Give it a spin, de Pisando Ovos, a partir das 19.00 horas) ou o Miradoiro da punta do Castro en Castiñeiras, en Ribeira (o 17 de xullo a partir das 21.00 horas, con La Macana, Alejandra Balboa, Janet Novás e Laboratorio Escénico),

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...