Suma Ribeira proporá en pleno a materialización definitiva dos Orzamentos Participativos locais

25 Xuño 2021

O concelleiro de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón, defenderá no vindeiro pleno municipal unha iniciativa dirixida a converter en realidade (xa en 2022) os Orzamentos Participativos de Ribeira co seu regulamento correspondente.

Xurxo Ferrón, concelleiro de Suma Ribeira

Xurxo Ferrón lembra que no programa electoral de SumaRibeira, así como no de outras organizacións políticas, figuraba esta iniciativa, de tal xeito que, chegados ao ecuador do mandato, “cremos conveniente retomala, pois entendemos que, entre outros motivos, poden contribuír a unha maior implicación das veciñas e veciños na política municipal. E mesmo poden axudar a que, en acepción xenuína do termo, esta política municipal sexa máis democrática”.

Ferrón aclara que a proposta que presentan vai encamiñada cara o modelo de participación directa (Porto Alegre), desenvolvido fundamentalmente en Portugal, España e Italia. Porén, considera que “sexa a que sexa a proposta que saia finalmente do pleno, a introdución na práctica da participación cidadá nunha parte dos nosos presupostos sempre terá resultados positivos”.

O concelleiro de Suma Ribeira considera que cómpre implementar esta praxe política o antes posíbel e “autoimpoñernos” os membros da corporación que se faga efectiva neste mesmo mandato, de aí que reclame a adopción dos seguintes acordos:

1.- Creación dunha comisión para a elaboración dunha proposta de regulamento de Presupostos Participativos.

2.- Establecer un período de alegacións aberto ás veciñas.

3.- Aprobación polo pleno dun Regulamento de Presupostos Participativos coa antelación suficiente para que se fagan realidade no 2022.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.