A comarca en nivel medio baixo da COVID-19. Mañá citadas no Barbanza 900 persoas

22 Xuño 2021
Vacina no Hospital do Barbanza, foto Joferpa

Continúa a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza, Mañá mércores 23 de Xuño están chamados o Hospital Barbanza unhas 900 persoas de entre 50 a 59 anos
En Santiago na Cidade da Cultura 5.892 entre 50 e 59 anos, no Hospital Clínico 335, maioritariamente a personas de entre 50 e 59 anos e pertencentes a colectivos esenciais e en centros de saúde: 140 repescas.

Na área sanitaria Compostelá lévanse administrado 417.899 ata onte, 21 de xuño.

Por outra banda o comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde de martes, o nivel medio de restricións para os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio. Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 26 de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.