En Noia a conselleira Fabiola García, anunciou o novo Bono Concilia durante a visita as escolas infantís Golfiños e Xoaniñas

16 Xuño 2021

O DOG PUBLICA ESTE XOVES A NOVA ORDE DO BONO CONCILIA,QUE A XUNTA INCREMENTA

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou as escolas infantís Golfiños e Xoaniñas de Noia

A conselleira de Política Social, a ribeirense Fabiola García, anunciou durante unha visita a dúas escolas infantís de Noia, que realizou esta mañá xunto ao alcalde do concello, Santiago Freire Abeijón, que o Diario Oficial de Galicia
(DOG) publicará mañá a nova convocatoria do Bono Concilia. Esta axuda directa, dirixida a familias que non obtiveron praza nun centro público, experimentará este ano un incremento do 10% en todos os seus tramos.
Fabiola García sinalou que a partir deste mesmo venres as nais e pais xa poden solicitar este bono, que contará cun investimento total de 2 millóns de euros, ampliables, para atender a todo o mundo que o pida e cumpra os requisitos. Deste xeito, para un neno que vaia á escola a xornada completa con comedor, o Bono oscilará entre os 50 euros e os
275 euros ao mes.
Para solicitar esta axuda débese ter pedido antes unha praza pública, e que ou ben fose denegada ou ben non se axuste ás necesidades de horario das familias. Esta axuda é compatible con outras destinadas tamén a pagar este servizo, sempre que non se supere o custo da praza.
No curso 2020/2021 máis de 1.400 familias beneficiáronse deste bono. Desde o 2009 foron preto 23.000 os nenos que levan desfrutado desta axuda para o pago dunha praza nunha escola infantil.
Axuda para primeiros fillos
Esta prestación beneficia na actualidade só aos primeiros fillos, xa que desde o mes de abril do ano pasado todos aqueles segundos fillos e sucesivos teñen o 100% da atención educativa gratis en calquera escola infantil, tanto pública como privada ou de iniciativa social.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou as escolas infantís Golfiños e Xoaniñas de Noia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...