A Policía Nacional detén ao gardador da nave de Palmeira que albergaba dúas lanchas preparadas para o narcotráfico

15 Xuño 2021

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Local de Ribeira detiveron ao presunto gardador da nave onde o pasado 7 de abril foron incautadas dúas lanchas preparadas para o seu uso en operacións de narcotráfico. Os axentes fixeron saber que o agora detido estaba en paradoiro descoñecido desde que se lle puido vincular coa nave de Palmeira.

Tamén lembraron que a nave estaba “situada estratexicamente” e dispuña dunha rampla con acceso directo á ría de Arousa. Amais, cada unha das dúas embarcacións contaba cunha gran adega, unha delas tiña instalados dous potentes motores, e á outra se lle podían axustar até catro motores de gran cilindrada.

Paralelamente e ante o risco de subtracción, perda ou minoración de valor dos efectos intervidos, instouse desde a Comisaría da Policía Nacional que os mesmos fosen realizados pola Autoridade Xudicial a través do Servizo de Xestión de Bens Comisados do Ilustre Colexio de Procuradores da Coruña, polo que o Xulgado de Instrución nº.3 de Ribeira decretou tal realización.

Os bens intervidos foron agora valorados en 21.200 euros, previo á súa poxa pública. O diñeiro conseguido poderá ser utilizado na loita contra o narcotráfico.

O detido pasa a disposición xudicial. Continúase coas xestións de investigación.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...