“Ramiro Carregal e a sensibilidade social” – José Manuel Pena

15 Xuño 2021

Demasiadas asociacións, entidades culturais, deportivas e sociais saen adiante cos seus proxectos e actividades grazas á vontade dos seus dirixentes ou responsábeis así como á colaboración e axudas económicas de entidades e empresas privadas. Un claro exemplo dos grandes mecenas, de ambas as marxes da Ría de Arousa, foi e é Ramiro Carregal, que a pesar dos detractores que puidese ter, a realidade é o suficientemente evidente para constatar a súa empatía e sensibilidade cos colectivos e familias máis humildes, que seguen sendo as maiores vítimas da crise económica, social e de valores que estamos a arrastrar, desde hai décadas.

O empresario ribeirense Ramiro Carregal

É xusto recoñecer o labor deste tipo de emprendedores e grandes empresarios que, tendo todo o que desexan materialmente, e podendo vivir moi ben xunto á súa familia e seres queridos, dedican unha parte do seu tempo, patrimonio persoal e empresarial a colaborar, activamente, cos máis vulnerábeis.

A pesar de todo ese merecido agradecemento público non é menos certo de que a responsabilidade maior é o das diferentes administracións públicas e dirixentes políticos, que aínda non son o suficientemente conscientes da necesidade de observar a realidade social e valorar sobre o destino dunha maior dotación orzamentaria e mellor xestión para os departamentos de servizos sociais ou de benestar para que os milleiros de familias humildes, do noso país, poidan gozar en grao sumo básico e necesario para sobrevivir.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.