Adxudicación provisional da renovación da rúa do Vilar en Palmeira

04 Xuño 2021

O Concello de Ribeira adxudicou de xeito provisional as obras da renovación de servizos na rúa do Vilar (Palmeira). A empresa que obtivo a mellor puntuación durante o proceso de licitación foi Excavaciones Nima, S.L., conforme a unha proposta de 100.015 euros, IVE incluído.

O obxectivo que se persegue con este proxecto reside en renovar os servizos urbanos de auga potábel, saneamento e pluviais, xa moi antigos, e con tal motivo redactouse un proxecto técnico que inclúe as seguintes accións:

• Auga: substituirán as tubaxe existente por outras de PVC de alta densidade con 160 milímetros de diámetro e 300 metros de lonxitude, realizando as acometidas aos inmóbeis.

• Saneamento de fecais: instalarase un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro e 300 metros de longo. Disporanse pozos de rexistro cada 35-40 metros e nas conexións cos colectores existentes.

• Pluviais: disporase un colector de PVC de 315 de diámetro e 300 metros de longo que conducirá as augas por gravidade ata a rede existente na rúa do Barreiro. Colocaranse arquetas sumidoiros cada 30 metros e pozos de rexistro a algo menos de 40.

A intervención comporta un investimento de 134.602,26 euros, con IVE, enmarcados no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019.

O prazo de execución son catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.