O Concello do Son volve achega unha nova edición do seu campamento estival Movida Urbana

03 Xuño 2021

O Concello de Porto do Son presentou unha nova edición de Movida Urbana, é dicir, un campamento de verán para os máis pequenos que se celebra durante a época estival.

O obxectivo é crear grupos reducidos de nenos, respectando así os protocolos que esixe a COVID-19. Desta forma, cada monitor levará 10 participantes. Pero en xeral, haberá 50 prazas para o campamento de Portosín e 70 para o de Porto do Son.

Nesta edición terán prioridade os menores de entre 3 e 12 anos, que estean empadroados no municipio ou cuxos proxenitores se encontren traballando. As actividades desenvolveranse de luns a xoves, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados deberán inscribirse do 7 ao 25 de xuño. Ao entregar a documentación, terán que marcar unha das opcións e anexar un certificado de empadroamento, ademais dun xustificante conforme se encontran a traballar. Con todo, o 1 de xuño farase pública a listaxe de admitidos e as familias deberán pagar a cantidade requirida: 40 euros por neno, aínda que haberá bonificacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.