Adxudicado o pavimentado e mellora da praza de Amarella en Ribeira

02 Xuño 2021

O Concello de Ribeira adxudicou, con carácter provisional, as obras de pavimentado e mellora da praza da Amarella na cidade de Santa Uxía. A empresa que obtivo a mellor clasificación entre as 18 ofertadas foi Construcciones Cernadas, S.L.., conforme a unha proposta cunha oferta económica de 51384,01 euros.

O proxecto inclúe a substitución do actual pavimento a base de baldosa hidráulica por outro de formigón pulido combinado non lousas de granito, así como a impermeabilización da praza utilizando unha emulsión bituminosa e láminas de poliéster (previa limpeza e saneado da superficie) co obxecto de solucionar as filtracións de auga que se producen no semisoto do aparcadoiro situado debaixo.

Asemade, instalarase unha rede para a evacuación de augas pluviais, pintaranse os muretes da praza e instalaranse papeleiras e novos bancos de madeira substituíndo os actuais.

A actuación está enmarcada no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020.

O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...