Outes acolle a apertura oficial do proxecto europeo e-InnoEduCO2

01 Xuño 2021

Os próximos días 3 e 4 de xuño, a Casa da Cultura da Serra de Outes será a sede da apertura oficial do proxecto europeo e‑InnoEduCO2 (Innovation in Climate Change Education), que está integrado no programa Erasmus + e que conta coa participación de institucións galegas, portuguesas, polacas e romanesas.

O obxectivo xeral do proxecto é reforzar a capacidade das institucións de educación e formación para proporcionar unha educación dixital inclusiva e de calidade a través do modelo pedagóxico «e‑learning STE(A)M-TIC», que permita compensar o incremento nas carencias da UE en educación escolar adaptando a formación telemática da era COVID-19 ás necesidades curriculares de experimentación científica. O proxecto busca pór en valor a ciencia e as competencias STE(A)M (siglas en inglés de «ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas») mediante a súa transformación dixital a nivel europeo para avanzar cara a un enfoque máis inclusivo e facer da educación escolar europea un laboratorio de innovación neste terreo.

O proxecto, que finalizará o 28 de febreiro de 2023, conta cun orzamento total de 251.305 €, financiados ao 100 % polo programa Erasmus +. O líder do proxecto é o Concello de Outes, e o resto de socios son a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, a Universidade de Aveiro e o Agrupamento de Escolas de Aveiro, de Portugal; o XXVI Liceum Ogolnoksztalcace, de Polonia; e mais a Universitatea Alexandru Ioan Cuza din Iasi, de Romanía.

O día 3 decorrerá a xornada da reunión de posta en marcha do proxecto. As actividades deste día estarán reservadas para os representantes de todas as organizacións socias, pero as do 4 de xuño estarán dirixidas aos medios de comunicación e aos grupos de interese: será a xornada do Evento transnacional de apertura oficial do proxecto. Ás 10:00,o alcalde de Outes, Manuel González, abrirá de forma oficial o evento cunha benvida aos asistentes. A partir dese momento, José Antonio Caride Gómez, catedrático de Pedagoxía Social da Universidade de Santiago de Compostela, fará unha presentación do proxecto e‑InnoEduCO2 e dos seus obxectivos. Pola súa parte, Francisco Sóñora, director de Climántica, presentará o enfoque e as metodoloxías que se utilizarán no proxecto. Posteriormente haberá unha breve presentación de cada unha das entidades socias.

Despois dunha pausa para o café, ás 12:30 será o momento para a mostra «Física Viva», preparada pola Fábrica Ciencia Viva de Aveiro (Portugal) e ao que acudirán como convidados a alumnado do IES de Outes e do IES de Noia; ás 13:30 finalizará o evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.