A Deputación financia con preto de 118.000 euros o pavimentado do viario de Becolla, Figueira e Vilaboa

31 Maio 2021

O Plan Único da Deputación financia as obras de renovación do pavimento do camiño municipal que conecta os núcleos de Becolla, Figueira e Vilaboa co límite do termo municipal de Noia.

As obras, que segundo informa a entidade provincial, están xa en fase de licitación pública na Plataforma de Contratación do Estado, suporán un investimento de 117.640 euros e abranguerán un treito de 1,5 quilómetros de longo e catro metros de ancho, aos que se dotará dun novo firme de aglomerado en quente de seis centímetros de espesor, previa reparación das fochancas existentes, limpeza das marxes do vial e perfilado das mordentes con grava.

Antes do pavimentado contémplase a canalización de 750 metros de tubería de polipropileno e 15 pozos de rexistro para renovar a rede de saneamento.

A obra complétase coa construción dunha taxea de formigón para recollida de pluviais e uns 40 metros de cuneta de seguridade revestida de formigón, así como a sinalización horizontal co pintado de liñas dos bordes da calzada.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.