O Obradoiro de Emprego O Pote 2 incorpora formación en pastelería

25 Maio 2021

O Concello de Ribeira vén de anunciar que o obradoiro de emprego O Pote 2, amplía o seu programa formativo cunha nova especialidade: a de operacións básicas de pastelería. Así, esta nova formación súmase ás operacións básicas de cociña nas que se centra o obradoiro.

Deste xeito, os quince participantes deste curso verán ampliados seus coñecementos durante a asistencia a esta escola taller que está tendo lugar no segundo andar da Escola Municipal de Hostalería e se prolongará ata o vindeiro 14 de setembro. O programa mixto de emprego e formación, que está promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten un total de 1.920 horas formativas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.